O vindeiro luns, 25 de novembro, a Casa das Letras de Ribadeo acollerá a partires das 20:25 horas unha charla co título Por qué o chaman feminazi, cando queremos dicir igualdade? que será pronunciada por Bárbara G. Vilarinho, xornalista galega da revista especilizada en xénero que se creou hai 3 anos no País Vasco Pikara Magazine. Ela falará doutro tipo de violencias que non son tan visibles aos ollos da sociedade.

Xa o mércores, 27 de novembro, ás 20:30 horas haberá unha sesión do Consello Municipal das Mulleres para aprobar o II Plan para a Igualdade entre Homes e Mulleres (2013/16) do Concello de Ribadeo.