Esta charla, foi organizada dende a Área de Igualdade na campaña Ribadeo contra a violencia machista, antes, agora e sempre. Laura Viñuela, que foi a encargada de impartila, é musicóloga e consultora de xénero e  faloulle ao alumnado sobre como deben ser os bos amores e ensinoulles a ter filtro crítico coas cancións.

Laura fixo fincapé no espazo que cada persoa debe ter para si mesmo/a e ilustrouno cunha diana no que o núcleo é unha mesma/o e  os círculos seguintes son as/os máis achegadas/os  e que deben de protexerse da frecha de Cupido que sempre vai ao centro saltándose as barreiras que temos que poñer.

As actividades para conmemorar o 25N seguirán mañá, sábado, co recital de Lúa Mosquetera, que terá lugar no Quiosco da Música a partir das sete da tarde. En caso de choiva a actividade trasladarase ao auditorio.