O rexedor dixo que “se trata dun feito lamentable. Foi esta noite. Desde logo que casual non é. A Policía Local e máis a Garda Civil sufocaron o lume con extintores e logo os Bombeiros remataron o traballo”. 

Suárez Barcia engadiu que “o contedor, a árbore, a vivenda de ao pé coas persianas derretidas e os cristais rotos polo calor. Todo unha chea de cartos públicos e danos na propiedade privada. Xa todo o mundo o está a pasar abondo mal e xa temos abondos aspectos negativos aos que facerlles fronte nesta terrible pandemia que estamos a vivir, como para que aínda teña q vir alguén a enrarecer a situación máis e facer aínda máis dano. Sen palabras”.

As forzas de seguridade investigan os feitos. O Concello procedeu esta mañá a limpar a zona.