As actividades de verán denomínanse Moitas maneiras de gozar e terán lugar durante os meses de xuño, xullo e agosto. Do 4 ao 5 de xullo de 10:30 a 13:30 será o campamento urbán para nenos nados entre 2003 e 2006, que terá por escenario o colexio Gregorio Sanz. Do 18 ao 29 de xullo será o campamento urbán para nenos nados entre 1997 e 2002. O horario será o mesmo de 10:30 a 13:30 e o lugar de celebración tamén o colexio Gregorio Sanz.

Do 4 ao 15 de xullo a praza de España será escenario un ano máis do torneo 3 x 3, que está destiñado a nenos e nenas nados entre 1997 e 2004. Os xogos no telecentro para rapaces a partir de catro anos serán do 27 de xuño ao 1 de xullo na Casa da Xuventude en horario de 10:30 a 11:30, de 11:30 a 12:30 e de 12:30 a 13:30 horas. Aas actividades de verán organizadas polo Concello de Ribadeo tamén ofertan Lecer en familia os días 24 de xuño, 30 de xullo, 11 e 18 de agosto e 25 de setembro.

Nas actividades con límite de prazas terán preferencia os nenos e nenas censados ou escolarizados en Ribadeo. Os interesados en obter máis información poden chamar á OMIX ao 982 120 808.