A Escola Municipal de Música e Danza  (EMMeD) de Ribadeo organiza ao longo desta semana cinco actuacións nas que participarán diferentes especialidades que se imparten no centro. Esta actividade terá lugar entre os días 7 e 11 de abril, ás 20.00 horas, na propia Escola, agás a de mañá, martes 8 de abril, de música e movemento, que terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval.

E así mesmo, o día 30 celebrarase o Día Internacional da Danza cunha actuación do alumnado desta materia. A entrada a todas estas actividades libre e de balde.

Luns 7 de abril – frauta e óboe. Martes 8 de abril – música e movemento (Auditorio). Mércores 9 de abril – violín e canto. Xoves 10 de abril – vento metal. Venres 11 de abril – saxofón. Mércores 30 de abril – ballet e danza (Auditorio).