O rexedor falou esta mesma maña con Rey Pichel “que se amosou receptivo a manter este encontro nestes vindeiros días”.

Os traballos de dragado da canle da ría de Ribadeo, que está a levar adiante Portos de Galicia, permitiron localizar un grande pecio hai unhas semanas. Suárez Barcia di que “todo apunta a que se trata dun galeón do século XVI”. O rexedor aproveitou para pedir unha vez máis “a continuidade das prospeccións na ría, porque alberga unha importante riqueza arqueolóxica. Debemos velar por ela e extraer todo o que se poida para evitar posibles expolios”.