Desde esta tarde e ata o vindeiro luns non se poderá acceder ao punto limpo de Ribadeo. O Concello acomete obras de mellora no viario de acceso a esa instalación e por ese motivo “estes días non será posible chegar ata alí, polo que pedimos desculpas polas molestias que se poidan ocasionar á nosa veciñanza”, sinala Jorge Díaz Freije, concelleiro de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos.

O edil ribadense considera que “a mellora deses accesos era moi necesaria”. E subliña que “se non hai novidades e inconvenientes de última hora o vindeiro luns, 18 de decembro, o punto limpo estará operativo de novo”.