Suárez Barcia sinalou que “nesta xuntanza que acabo de manter con responsables do Ministerio de Fomento en Madrid falamos acerca do cumprimento desta proposición non de lei que presentou o BNG no congreso no mes de xuño pasado e que ainda non está executada, de aí que viñera interesarme por este acordo tan importante para Ribadeo ademáis hai que lembrar que foi aprobado por unanimidade con algunha aportación de PSOE e PP. En dita proposición reclámase a creación dun novo acceso a Ribadeo desde A-8 en sentido Asturias. Desde Asturias en sentido Galicia todos os vehículos poden entrar polas rotondas de Vilaselán ou de Piñeira, pero contrariamente desde Galicia en sentido Asturias os vehículos só poden acceder a Ribadeo desde a rotonda do polígono en Piñeira, polo tanto fáise moi necesario ese acceso”.

O alcalde lembrou que “este debate xa se deu hai uns meses no Congreso dos Deputados, o goberno do Estado aprobou esa proposta do BNG e agora esperamos que, co novo ano e cos presupostos xerais aprobados, se pronuncien. Non temos porque dubidar e confiamos en que dentro de pouco tempo teñamos respostas positivas a este respecto. Neso quedaron en darnos contestación en breve e nesa confianza salimos de aquí do Ministerio de Fomento”.