Abertas as inscricións para participar na trixésimo terceira San Silvestre de Ribadeo

Cartel San Silvestre

A saída da mini San Silvestre, para  nenas e nenos menores de 4 anos, terá lugar ás cinco menos vinte da tarde; a saída para os pícaros de 4 a 7 anos será ás cinco menos cuarto. A milla para rapazas e rapaces de 8 a 11 anos está prevista para as cinco menos dez. E a San Silvestre, cun percorrido de 5.000 metros, dará comezo ás cinco da tarde.

Haberá premios en metálico e trofeos para os 3 primeiros clasificados absolutos feminino e masculino e para os 3 primeiros ribadenses homes e mulleres. Os tres primeiros clasificados nas outras categorías recibirán medallas e trofeos a gañadora e o gañador das mini San Silvestre e da Milla. E tamén haberá trofeo para os participantes de maior idade que rematen a súa carreira, masculino e feminino.

Desde a Concellería de Deportes animamos a pequenos e adultos a participar nesta nova edición da San Silvestre e agradecemos a colaboración de Gadis e Eroski, que estarán apoiando ás corredoras e corredores.