O alcalde, Fernando Suárez asegura que “non hai nada novo. A situación é a que era no sentido de que hai que cumprir coa normativa vixente”. Mañá mércores o mercado estará a disposición de todos os vendedores que queiran poñer os seus postos. O rexedor sinala que “a Policía Local vixiará desde  moi cedo a zona de aparcadoiros para que estea libre e tamén estarán moi pendentes de que non se produzan coaccións”.