Segundo explicou en rolda de prensa a edil de Cultura ribadense, Mariluz Álvarez Lastra, esta xornada está pensada para facer unha recompilación dun estudio que se fixera sobre a praia de Augas Santas, agora coñecida coma a das Catedrais. Tamén será unha xornada de debate sobre a costa e o seu futuro, tal e como explicou Mariluz Álvarez, que destacou que ‘”prestixiosos poñentes da [acronym title=’Universidade de Santiago de Compostela’]USC[/acronym] e de outras universidades analizarán aspectos morfolóxicos, da fauna, da flora e da riqueza botánica e ambiental desta praia”.
A xornada sobre Augas Santas é libre e gratuíta e terá un recoñecemento académico de 15 horas lectivas. Os interesados poden obter máis información e anotarse na Concellaría de Cultura de Ribadeo chamando ao teléfono 982 128 650 ou enviando un correo electrónico á dirección cultura[arroba]ribadeo.org.