O alcalde de Ribadeo asiste en Santiago a unha nova xuntanza na Dirección Xeral de Patrimonio sobre o PXOM. O rexedor foi convidado ao encontro no que participan técnicos de Patrimonio, do Concello e da empresa redactora do plan.

Segundo Fernando Suárez “trátase dunha nova reunión de traballo que se enmarca dentro da normalidade e dentro do calendario fixado por Patrimonio. Seguimos a facer xestións desde Ribadeo para que o plan avance”.