A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores desprazarase a Ribadeo os días 13 e 14 de maio.

unidad_movil_inspeccion

O concelleiro de Medio Rural, Diego dos Santos, explica que “esta unidade móbil estará situada na avenida de Luarca, xunto ao pavillón polideportivo. O día 13 o horario de atención será de 09:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde. E o día 14 será só en horario de mañá”.

Dos Santos engade que “as persoas interesadas poden solicitar cita previa no teléfono 902.30.90.00 ou tamén a través da páxina web www.sycitv.com”.