Castro lembrou que “no pleno ordinario do venres pasado o goberno municipal deu conta da relación do pago de facturas a proveedores que se levará a cabo con cargo ao Real Decreto do Ministerio de Administracións Públicas. O montante ascende a 1.780.000 euros. Este pago realizarase con cargo a un préstamo que será avaliado polo Ministerio e ao mesmo tempo se ampara na participación do Concello nos tributos do Estado”.

Para o concelleiro de Facenda “a cantidade non é a ideal, nós non queríamos deber nada e non queríamos entrar neste plan, pero a situación que arrastramos desde anos anteriores e na que participamos tanto gobernos anteriores como o actual, na acumulación de débeda me refiro, non é a idónea, pero é substancialmente mellor á de anos pasados”. O edil nacionalista engadiu que “os resultados presentados nos distintos exercizos desde 2007, momento no que chegamos ao Concello, foron arroxando saldos positivos e fóronnos permitindo reducir a débeda tanto bancaria como con proveedores e a día de hoxe podemos dicir que baixou nun 50% aproximadamente. A débeda a proveedores ascende a 1.780.000 euros e hai outro importe aínda sen concretar a entidades públicas e empresas do sector público. A reducción da débeda amosaráse na conta xeral que se presentará en breve”.

Vicente Castro manifestou que “desde o goberno municipal estimamos que esta é a liña que debemos seguir e a que seguiremos nos vindeiros anos para continuar prestando os servizos aos cidadáns e para facer fronte ao pago a proveedores co obxectivo de que así poidamos salvar a economía de pequenas empresas tanto locais como foráneas e de autónomos. Esta é a liña que trouxemos e é a liña que seguiremos nos vindeiros anos”.