Ás 16:45 horas sairá a San Silvestre infantil dirixida a rapaces de ata 12 anos. Esta proba terá por escenario as rúas peonís de Ribadeo. A saída será desde o parque para pasar por diante do Concello, Villafranca del Bierzo, Rodríguez Murias, Ramón González, Doutor Moreda, Reinante, Villafranca del Bierzo e rematará diante da Casa do Concello. O percorrido é de 1.150 metros.
E ás 17:00 horas partirá a San Silvestre para os senior e adultos desde o parque para pasar por Clemente Martínez Pasarón, Avenida de Asturias, Avenida de Galiza, Virxe do Camiño, San Roque, Rosalía de Castro, Vilaselán, Faro, Capela de San Miguel, Calvo-Sotelo para desembocar de novo na zona coñecida coma as Catro Calles e seguir por Rodríguez Murias, Ramón González, Reinante, Villafranca del Bierzo e remate diante do Concello. En total preto de 5.000 metros de percorrido.


O concelleiro de Deportes, Vicente Castro, agarda “ocasionar as menores molestias posibles porque ademáis a carreira comenza a unha hora trempaneira. Xa digo, como máximo algunhas vías coma Avenida de Galiza, Virxe do Camiño e San Roque poden estar cortadas uns 15 minutos coma máximo, pero a medida que avance a carreira as rúas irán quedando abertas á circulación”. Castro convida “aos ribadenses a participar nesta festa do deporte de fin de ano, pido disculpas polas dificultades que se poidan ocasionar e aproveito para desexarlles unhas boas festas e un 2009 o máis próspero posible”.