A praia das Catedrais está pechada este Xoves Santo por mor do temporal de vento en terra e no mar que se está a rexistrar

A praia das Catedrais está pechada este Xoves Santo por mor do temporal de vento en terra e no mar que se está a rexistrar na zona, como consecuencia do paso da borrasca Nelson.

O alcalde, Dani Vega, declarou que “decidimos pechar o acceso a este areal como medida de precaución debido ao forte temporal no mar e en terra que se está a deixar sentir en Ribadeo ao longo de toda a mañá”.

O rexedor dixo que “ese temporal é forte e preferimos previr co fin de evitar posibles incidencias ou accidentes. Pedimos disculpas polas molestias que se poidan ocasionar ás persoas que hoxe nos están a visitar, pero no Concello estamos para velar pola súa seguridade e neste momento non se dan as mellores condicións para visitar As Catedrais”.