Este mediodía estiveron a supervisar a pista de xeo o alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Turismo, Ana Martínez, a concelleira de Mocidade, Vanesa Yanes, e o presidente de Acisa, David Martínez. Tod@s animaron “aos veciños e veciñas da comarca da Mariña, do Occidente asturiano e do resto da provincia de Lugo a visitar Ribadeo durante as vindeiras semanas para patinar nunha pista de xeo natural”. E lembraron que “aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados a Acisa obterán un desconto do 50% no prezo da entrada á pista de xeo”. O prezo das entradas será de 6 euros, agás para aqueles que presenten os tíckets das súas compras e o vale de desconto de Acisa, xa que deste xeito só pagarán 3 euros.

Na pista de xeo traballarán durante estes días 4 persoas. Estará aberta do 17 de decembro ao 8 de xaneiro en horario de 12 a 14 horas polas mañás e de 17 a 22 horas polas tardes. Os días de Noiteboa e Fin de Ano pechará ás oito da tarde.