A Oficina Municipal de Información ao Consumidor de Ribadeo tramitou do 2 ao 9 de febreiro 209 reclamacións polos danos causados polo ciclón Klaus. Segundo os datos facilitados pola OMIC 54 reclamacións están dirixidas á Consellería de Vivenda e Solo polos desperfectos causados en vivendas particulares; 85 reclamacións demandan axudas á Consellería de Innovación e Industria por danos en establecimentos comerciais mercantís e 70 reclamacións van dirixidas á Consellería de Medio Rural polos danos causados en explotacións agrícolas do concello de Ribadeo.
Por outra banda, durante a semana do 26 ao 30 de xaneiro, é dicir dous días despois dese temporal, a OMIC atendeu a 250 persoas “que se achegaron á oficina preguntando polas axudas que había para cubrir os danos producidos por ese forte temporal de vento e chuvia”.