Suárez Barcia sinala que “pasado este ciclón, agora é o momento de avaliar e cuantificar as posibles pérdidas e entendo que os negocios, os comercios que queiran denunciar as posibles perdas ocasionados por este temporal deben canalizalas, tal e como dixo onte o Conselleiro de Innovación e Industria, a través do Instituto Galego de Consumo… tamén un pouco para saber a magnitude dos desperfectos”.

O rexedor engade que “como en Ribadeo temos Oficina de Consumo e de cara a facilitar trámites, a dar máis información, para dar tamén máis tempo para realizar consultas decidimos abrir tamén polas tardes a OMIC en horario de 4 a 8 durante os días laborables desta semana. Alí os cidadáns poderán pedir información e alí brindaránlles os impresos para canalizar diante do Instituto Galego de Consumo todas as súas reclamacións”. A OMIC estará tamén aberta polas mañás no seu horario habitual.