A mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero reuníuse no Concello. Á xuntanza asistiu a secretaria xeral de igualdade, Sandra Vázquez

coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero

O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu a reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. Este encontro contou coa participación activa dos centros de ensino de ribadenses, as forzas e corpos de seguridade do Estado, as técnicas do CIM e a concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo.

A Xunta estivo representada por Sandra Vázquez, secretaria xeral de Igualdade, quen resaltou a importancia destas mesas como ferramentas fundamentais para deseñar políticas e accións orientadas a erradicar a violencia de xénero.

A xuntanza centrouse na discusión e o impulso de estratexias de sensibilización e prevención dirixidas a toda a poboación, con especial atención nos centros de ensino.