A Mesa Local de Coordinacion Interinstitucional contra a Violencia de Xénero reforza o seu compromiso en Ribadeo.

En Ribadeo tivo lugar unha nova reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, un espazo crave para a coordinación e o traballo conxunto na loita contra a violencia machista.
Na reunión, presidida pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, participaron persoal do CIM, representantes dos centros educativos e membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Na Mesa fíxose balance das actividades desenvoltas no último trimestre e as que se fixeron xa no 2025 como os obradoiros educativo sexuais para os centros de ensino e o impactante monólogo de Pamela Palenciano. Ademais, definíronse as iniciativas para o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Outro dos temas clave foi o Plan de Igualdade para o persoal municipal, que será elaborado por unha empresa especializada. Por último, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado xunto ao CIM revisaron os casos de violencia de xénero no municipio, reforzando a coordinación para a protección das vítimas.