O resultado antes de axustes é de 32.000 euros en positivo e despois dos axustes e desviacións correspondentes da un saldo negativo de 193.000 euros. Se se comparan estes datos cos do exercizo de 2006, vése que ese ano antes de axustes presentaba un saldo de menos 374.000 euros e despois de axustes de menos 411.000 euros.
O edil nacionalista explicou que as desviacións negativas se corresponden cos gastos realizados e non cobrados durante o exercizo en cuestión, e as desviacións positivas reflicten os gastos cobrados e non gastados no exercizo en curso. Aplicadas estas desviacións, a conta de 2007 arroxa un saldo negativo de 193.000 euros.
En calquera caso, hai que ter en conta nos datos unha desviación positiva correspondente a partidas ingresadas a finais de ano, como é o caso do PDT complementario.
Cambio de tendencia
Vicente Castro considera que o resultado da conta, se ben non é unha gran mellora, supón un cambio de tendencia. O responsable de Economía e Facenda engadiu que o resultado do remanente negativo acumulado de 2007 -656.000 euros- tamén supón unha variación en positivo fronte aos 668.000 do exercizo de 2006.
Vicente Castro cre que esa é a tendencia que hai que seguir levando adiante desde a delegación de Facenda. O conselleiro sinalou que o obxetivo actual é poder facer fronte aos pagos a proveedores cunha periodicidade máis curta que a actual.