O concelleiro de Economía, Vicente Castro, asegura que se trata dunha proposta “aberta para estudar entre todos os grupos que compoñemos a Corporación Municipal, co fin de que todos teñan a oportunidade de achegar a súa opinión sobre ditos orzamentos”.


Castro e o equipo de goberno do Concello insisten na “conveniencia da aprobación dos presupostos para garantir as importantes inversións a executar neste ano que están vinculadas a financiamento alleo”.



Segundo o concelleiro responsable de Economía, “hai obras previstas en rúas do casco vello, como Calvo Sotelo, Amando Pérez ou Viejo Pancho; obras en camiños do medio rural con cargo ao POS da Deputación Provincial ou investimentos no parque móbil municipal para comprar o novo camión do lixo ou o dos incendios”.




Vicente Castro estima que é importante que o orzamento saia adiante, e que “aínda que vén con certo atraso vén a atender as necesidades do Concello e a corrixir deficiencias en materia de infraestructuras”.