O vicerrector de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, Elías Torres; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez e o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro visitaron esta mañá a Casa da Ría en Santa Cruz. O rexedor sinalou que “por fin parece que lle estamos encontrando unha solución á situación da Casa da Ría. Este edificio de 2001 non ten uso prácticamente desde hai cinco anos debido aos seus defectos estructurais de humidades que non fan recomendable ser usado por escolares nin pola propia cidadanía en xeral”. Fernando Suárez anunciou “o compromiso que xa temos para recuperar e reparar todo ese tipo de goteiras e de deficiencias que ten o edificio a través da colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo que dirixe Antonio Veiga. E tamén se podería involucrar o Xacobeo para costear as obras que permitan dotar de estabilidade á Casa da Ría”. O investimento a realizar está cifrado en 18.000 euros, segundo o alcalde de Ribadeo. Suárez Barcia engadiu que “unha vez conseguido esto, e esperamos que sexa en breve, poderemos avanzar neste convenio marco que asinamos hai un ano coa Universidade de Santiago de Compostela, onde se definen unha serie de actividades que podemos realizar e neste caso relacionadas coa astronomía. Por este motivo se desprazou hoxe ata aquí Elías Torres e vemos a posibilidade de que nun período curto de tempo se realicen actividades tanto para os escolares como para o resto da cidadanía”.
O vicerrector da USC dixo que “na universidade consideramos que esta Casa da Ría é un ben estratéxico para Ribadeo e o seu entorno, pero tamén para a USC e ademáis dentro do cadro de colaboración que temos co Concello é certamente unha satisfacción ver o impulso que se lle quere dar desde os actuais responsables municipais e entón contan coa nosa máxima colaboración”. Elías Torres suliñou que “a medio ou longo prazo Ribadeo pode ter unha unidade de investigación e divulgación científica e cultura moi diversa non só centrada na astronomía, aínda que evidentemente é un dos seus puntos fortes, senón tamén en calquera área medio ambiental, de ordeación do territorio, agrícola, pesqueira… A USC podería colaborar en todas esas dimensións desde os seus museos de historia natural, desde as estacións hidrobiolóxicas ou desde o seu patrimonio na astronomía co seu observatorio astronómico e con outras moitas actividades que o rodean”. O vicerrector considera que “sendo así a medio prazo pode haber unha unidade forte unidade aquí de intervención cotiá e sistemática e que faga parte tamén da riqueza económica, cultural e científica de Ribadeo. Tamén estamos en disposición de anunciar a curto prazo, xa no verán, a realización dunha intervención piloto entorno ao mundo da astronomía… sería nos meses de xullo, agosto e setembro, estaría destiñada a toda a cidadanía e contaría coa participación de especialistas da nosa universidade”.