Ducias de persoas secundaron a concentración celebrada esta mañá en Ribadeo a carón do Concello tras o atentado de onte en Barcelona. Contou coa asistencia de veciñ@s, turistas e persoal municipal que estiveron neste acto xunto á alcaldesa en funcións, Ana Martínez, e xunto a varios concelleiros da Corporación ribadense. Entre o público participante tamén se atopaba o xerente de Acisa. Deste xeito Ribadeo quixo condear o atentado e amosar o seu apoio ás familias das víctimas. O Concello ademais ven de dirixirlle un escrito á alcaldesa de Barcelona, que di así:

Nestes momentos tan difíciles para todos, queremos transmitirlle desde a Corporación Municipal de Ribadeo, e no nome de todas as veciñas e veciños do noso Concello, as nosas condolencias e o máis intenso sentimento de solidariedade para as familias afectadas, para a corporación que vostede preside, e para todo o pobo de Barcelona.
Unha cidade tan cosmopolita como Barcelona, que tantas mostras ten dado de convivencia pacífica e en liberdade ben merece que sigamos apostando pola necesaria combinación de espírito libre e tolerancia entre culturas. Reciba de todo o pobo de Ribadeo unha forte aperta que rogamos faga chegar tamén ás familias das vítimas.

En aquests moments difícils per a tothom, des de la Corporació Municipal de Ribadeo, i en nom de totes les veïnes i veïns del nostre municipi, volem traslladar-li les nostres condolències i el nostre sentiment més intens de solidaritat amb les famílies afectades, amb la corporació que vosté presideix i amb el conjunt del poble de Barcelona.
Una ciutat cosmopolita com Barcelona, que ha estat sempre exemple de convivència pacífica i de defensa de les llibertats, es mereix que continuem apostant per la necessària combinació de l’esperit lliure i la tolerància entre cultures. Rebi una forta abraçada en nom de tot el poble de Ribadeo que ens agradaria fes extensiva a les famílies de les víctimes”.