A campaña Galicia Sabe Amar da Xunta estará o domingo 15 de decembro en Ribadeo

galicia sabe a mar ribadeo 24

A campaña Galicia Sabe Amar da Xunta estará o vindeiro domingo, 15 de decembro, en Ribadeo. Será de 12 a 15 horas e de 17 a 20 horas na rúa San Francisco.

Galicia Sabe Amar, promovida pola Consellería do Mar, continúa achegando á veciñanza o mellor sabor das rías galegas promovendo o consumo de peixe e marisco, polos múltiples beneficios que ten para a saúde debido á súa riqueza nutritiva. Ademais de fomentar a mellora dos hábitos alimenticios e a saúde da poboación tamén contribúe a divulgar a excelente calidade dos produtos da costa galega.

Na foodtruck, que estará o domingo en Ribadeo, haberá degustacións de diversos produtos das rías galegas. O alcalde, Dani Vega, anima á cidadanía de Ribadeo “a achegarse a saborear as exquisiteces que nos ofrecerá Galicia Sabe Amar, unha campaña que xa pasou por Ribadeo noutras ocasións”.