Este taller prevé a rehabilitación da Escola de Frieira Nova en Ove; a rehabilitación dos lavadoiros de Couxela, Vilaframil, Rinlo e da rúa dos Fornos; a rehabilitación de fontes na Devesa, Covelas, Arante, Vilaosende e Vilaselán; o pintado das vellas escolas de Rinlo, Couxela, Vilaselán e Arante; o do interior da Casa Consistorial e da Casa da Cultura de Ribadeo e a prestación de servizos de axuda a domicilio na residencia da terceira idade Hospital-Asilo de San Sebastián e San Lázaro e no centro de día A Concordia. Os traballos serán realizados por un grupo de 36 alumnos/as.

Así mesmo, este grupo realizará tamén unha serie de traballos en Castropol, onde prevén a construcción dun local social en Añides e Obanza; a rehabilitación do lavadoiro de Presno e das fontes de Vilavedelle e Belmonte; o pintado das escolas de Figueras, San Juan, Tol, Seares e La Paloma; labores silvícolas en fincas de San Marcos e Sabugo e o acondicionamento da área recreativa do monte Pousadoiro, así como algúns traballos de axuda a domicilio.

O alcalde de Ribadeo cualificou de boa nova esta subvención, asegurando que “se trata de un diñeiro moi importante para participar na formación de persoas desempregadas, un total de 36 a repartir entre Castropol e Ribadeo”. Fernando Suárez engadiu que “o resultado deste traballo vaise percibir na mellora de numerosas infraestructuras públicas”.