59 persoas participarán na I Marcha Interxeneracional San Silvestre, que se celebrará o vindeiro 29 de decembro.

I Marcha Interxeneracional San Silvestre Ribadeo

Cincuenta e nove persoas se inscribiron para participar na I Marcha Interxereneracional San Silvestre, organizada polo centro de día A Concordia coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia.

A marcha desenvolverase o 29 de decembro a partir das 12 do mediodía, entre a rúa Dionisio Gamallo e a Praza da España. Son 150 metros os que percorrerán os participantes.

Os concelleiros de Benestar Social e Deportes, Elena Sierra e Francisco José Silvent, agardan que “todas e todos disfrutemos moito desta I Marcha Interxeneracional, + metros, + posibilidades pola accesibilidade e a inclusión. Esperamos que o tempo nos acompañe e que poidamos despedir o ano xunt@s con este bonito percorrido”.