O rexedor sinala, entre outras ideas, que “aspiramos a ser un país dono do seu destino, que nos permita traballar dignamente na nosa terra, que non siga a ser exportador de mozos e mozas que tanto custou formar e que hoxe, coma onte, volven coller a maleta porque aquí non atopan futuro. Unha comunidade dona dos seus recursos naturais, que os saiba aproveitar con tino para que sexa unha fonte máis de riqueza. Un país cunha sanidade pública forte, un sistema de pensións garantido, cunha educación pública dotada de orzamentos axeitados, centrada na sociedade e motor de futuro”.