23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO 2025

Día do Libro 2025 1

Dentro dos actos programados para conmemorar o Día do Libro, grazas á colaboración da Escola Oficial de Idiomas podemos poñer á vosa disposición na Biblioteca un lote de libros en diferentes idiomas, de diversas temáticas: cociña, narrativa, cómic…

Os exemplares estarán dispoñibles este mes, podendo levarse en préstamo a domicilio.

Moitas grazas a Paloma, directora da EOI, pola súa disposición.