Fernando Suárez comentou que “encarando a recta final, xa que quedan dez días para pagar coas panchas, a nosa moeda local, nesta iniciativa creada e financiada polo Concello de Ribadeo, que conta coa colaboración de ABanca e de ACISA, e coa que pretendemos dinamizar o noso comercio local e impulsar unha maior sensibilización de mercar no noso comercio, pois é sen dúbida unha roda circular que move o resto da economía do concello”.

O alcalde indicou que “a día de hoxe podemos dicir que a metade das panchas xa foron canxeadas polo comercio que está a participar nesta iniciativa, e a sensación que nos transmiten os comerciantes participantes é moi positiva, así como tamén a clientela en xeral, ben sexa de Ribadeo como do resto da Mariña ou do occidente asturiano”.

O rexedor animou “a que nos dez días que quedan se continúe nesta liña para que se gasten todas, para poder canxealas e seguir polo tanto dinamizando o noso comercio local con esta iniciativa que é segura, que é fiable, potente e que facemos en Ribadeo”.