Concello de Ribadeo


Compartir:

Patrimonio


LIC As Catedrais

Este espazo abrangue 279 hectáreas dende a praia dos Castros ata a de San Miguel de Reinante, no concello veciño de Barreiros. En 2001 foi incluído na Rede Natura 2000 como Lugar de Interese Comunitario pola riqueza dos seus hábitats faunísticos e vexetais.

A praia que lle dá nome está constituída por unha serie de pequenos cantís e praias máis pequenas distribuídas ao longo de máis de 1.300 metros da rasa litoral cantábrica.

Con bandeira azul dende 1997, a praia das Catedrais é tamén o principal reclamo turístico da Mariña lucense debido á beleza e á espectacularidade das súas formacións rochosas, que semellan arbotantes góticos e forman covas de gran altura por mor do efecto da erosión mariña e a forza do vento sobre os seus cantís de lousa e xisto.

Voltar




© 2008 Concello de Ribadeo