Concello de Ribadeo


Compartir:

Patrimonio


Capela de Nosa Señora das Virtudes

Templo de nave con tellado a dúas augas, arco triunfal oxival e presbiterio con armadura interior de madeira, ao igual que a nave. Presenta frontis con portada en arco, espadana de dous vans e dúas portas nun dos seus laterais. No presbiterio consérvanse pegadas do arranque da bóveda. O retábulo maior é barroco e os seus muros gardan un singular exvoto pintado que relata a intervención milagrosa da Virxe a favor do navío Santa Catalina, en 1595.

As noticias máis antigas remontan a orixe deste templo a finais do século XIV, aínda que foi reformado nos séculos modernos. O estilo artístico data a obra na primeira metade do século XVI e pono en relación con outros traballos da época, especialmente co mestre das pinturas da catedral de Mondoñedo.

Na década de 1970 quedou ao descuberto un magnífico conxunto de pinturas murais que reflicten episodios da vida de María (fuxida a Exipto, visita ao templo, Asunción, Coroación...). A súa autoría e orixe son aínda descoñecidas.

Observacións

A finais de maio, sete semanas despois da Semana Santa, ten lugar aquí a popular romaría das Cruces. Xente con cruces en pendóns procedente das parroquias ribadenses de Ove, Covelas, Cedofeita e Arante e das de Sante, A Balboa e Vidal (Trabada) ondean os pendóns conmemorando a victoria inicial das xentes do lugar contra as tropas napoleónicas do xeneral francés M. FranÇois Fournier durante a Guerra da Independencia.

Lugar

Parroquia: Arante (San Pedro)

Voltar

Anterior Ampliar Seguinte




© 2008 Concello de Ribadeo