Concello de Ribadeo


Compartir:

Patrimonio


Granxa Escola de Pedro Murias

A fundación desta escola agrícola estípulase nunha das mandas testamentarias de Pedro Murias, así pois, dispuxo un captital total de 154.818,18 pesos de ouro para a creación da escola agrícola, aínda que convén sinalar que este non será o capital inicial co que conte as arcas da fundación da mesma.

Trátase dun centro pioneiro na zona mariñá de Lugo, específicamente planificado e entendido como xerador da apertura do campesiñado ás novas realidades agrícolas a base do ensino e da experiencia directa.

A realización dos desexos que este indiano plasmara no seu testamento viuse demorada no tempo debido a múltiples atrancos.

O primeiro paso da andaina foi a consecución duns terreos adecuados para levantar a edificación , que finalmente ubicaronse na actual parroquia de Vilaframil e ocupaban un total de 14 ha 31 a 37 ca . Para conformar este predio foi necesaria a unión das 65 parcelas que foron mercadas en dúas fases.

A dirección da escola agrícola recaeu no agrónomo ribadense Enrique Sárez Couto, a quén lle correspondeu acometer o inicio das obras dos edificios que conformarán a escola agrícola. O primeiro en ser levantado será o inmoble principal, que estará rematada en 1920 , ano no que comeza a funcionar o centro.

Trátase dun edificio de grandes proporcións formado por un corpo central de dous pisos, faiado e dúas alas a cadanseu lado. Este edificio será o destinado a albergar a escola agrícola, actualmente en funcionamento.

Lugar

Parroquia: Vilaframil (San Lourenzo)

Voltar




© 2008 Concello de Ribadeo