Concello de Ribadeo


Compartir:

Sistema de Xestión Ambiental


No contexto dunha estratexia de mellora da xestión medioambiental que lle permita adaptarse aos niveis de esixencia da cidadanía e aos requisitos sociais e medioambientais que implica a súa actividade, o Concello de Ribadeo adheriuse a un sistema voluntario de xestión e auditoría medioambiental (EMAS) promulgado pola UE.

O obxectivo deste sistema é promover a mellora continua do comportamento ambiental das organizacións mediante:
  • O establecemento e a aplicación de Sistemas de Xestión Ambiental
  • A avaliación sistemática, obxectiva e periódica do funcionamento dos devanditos sistemas
  • A difusión de información sobre o comportamento ambiental e o diálogo aberto co público e outras partes interesadas
  • A implicación activa do persoal na organización, así como unha formación profesional e permanente axeitada, que permitan a participación activa nos traballos relacionados co sistema de xestión ambiental

Para dar cumprimento ao EMAS, o Concello de Ribadeo debe abordar os seguintes traballos:
  • Realizar unha análise medioambiental das súas actividades e servicios e, á luz dos resultados de dita análise, aplicar un sistema de xestión ambiental que abranga todos os requisitos do regulamento EMAS
  • Realizar auditorías ambientais para avaliar o comportamento ambiental da organización
  • Elaborar unha 'Declaración Ambiental'
  • Facer examinar a análise medioambiental inicial, o sistema de xestión, o procedemento de auditorías e a declaración ambiental para verificar que se cumpren os requisitos do regulamento, así como facer validar as declaracións ambientais
limpeza xardíns

Documentación



© 2008 Concello de Ribadeo