Concello de Ribadeo


Compartir:

Praias


O Concello de Ribadeo, consciente do valor turístico e medioambiental que posúe a súa costa, desenvolve unha labor de mellora dos servizos e instalacións das súas praias e de recuperación ambiental dos seus espazos naturais. En paralelo, leva a cabo todas as xestións necesarias para conservar as distincións que avalan a calidade dos seus areais, tanto a nivel nacional como internacional.

A praia de As Catedrais, emblema turístico de Ribadeo, é o recurso turístico por antonomasia do concello e, como tal, pedra angular da súa promoción. Arredor dela, foise creando unha imaxe de marca para a que o Concello de Ribadeo non escatimou esforzos á hora de realizar actuacións que permitan mellorar a súa calidade e servizos (limpeza, acceso, aparcamentos, etc...).

Así mesmo, ano tras ano téntase que esta calidade sexa recoñecida e que os areais ribadenses poidan sumar o maior número posible de distincións.

Neste punto compre situar a concesión da Bandeira Azul para as praias de As Catedrais e Os Castros-Illas que concede cada ano a FEE (Fundación para a Educación Ambiental), cuxa rama en España é ADEAC (Asociación De Educación Ambiental e do Consumidor), ou o traballo desenvolto para conseguir que estes mesmos espazos sexan recoñecidos coa Q de Calidade Turística Española (Norma UNE-ISO 13009) outorgada polo ICTE (Instituto para a Calidade Turística Española) e cos recoñecementos medio ambientais segundo a Norma UNE-EN-ISO 14001 e o Regulamento EMAS.

Podes obter máis información sobre estes recoñecementos na columna da dereita.
Praia de Marbadas
FAQ's

Documentación



© 2008 Concello de Ribadeo