Concello de Ribadeo


Compartir:

Medio ambiente


O Concello de Ribadeo marcou como liña prioritaria do seu traballo a protección, conservación e rexeneración do seu medio natural, posuidor dunha biodiversidade que o fixo merecedor de varios recoñecementos internacionais (Rede Natura 2000, LIC, ZEPA, Reserva da biosfera...).

Preservar estes ecosistemas, tratando de mellorar as súas condicións naturais e os seus servizos, é unha das nosas maiores preocupacións, xunto coa de loitar por novos recoñecementos que avalen a calidade das nosas praias, ribeiras, montes...

Á marxe de todas as actuacións coas que pretendemos conseguir un Ribadeo máis limpo e sustentable (recuperar espazos degradados como o tramo Vilavella-As Aceñas ou a ruta das Cetareas en Rinlo, construír unha nova EDAR preto do río Vilaselán para o tratamento de augas residuais, mellorar o tratamento dos residuos...), a implicación dos cidadáns e cidadás preséntase tamén como algo imprescindible.

É por iso que ás campañas de información e sensibilización, xornadas educativas e outros recursos que fomos poñendo en marcha ata o de agora poñemos tamén á túa disposición este espazo web. Nel poderás coñecer as actuacións e os recursos máis importantes que desenvolvemos desde a Concellería de Medio Ambiente para enriquecer e proxectar noso patrimonio natural e mellorar a nosa calidade de vida.
Praia de Esteiro


© 2008 Concello de Ribadeo