Concello de Ribadeo


Compartir:

Orientación, formación e emprego


Desenvolvemento local do Concello de Ribadeo dispón dun servizo de orientación e inserción laboral dirixido tanto a persoas desempregadas como a aquelas outras que desexen mellorar a súa situación laboral.

Deste xeito, reciben información sobre as posibilidades e os recursos existentes no territorio para a busca de emprego e para a a súa posterior inserción sociolaboral, ao tempo que coñecen as opcións formativas (cursos, xornadas, seminarios...) ás que poden ter acceso.

A súa oferta en canto a orientación, formación e emprego organízase arredor dos seguintes servizos:

Bolsa de emprego

É un servizo dirixido tanto ás persoas que buscan emprego como ás empresas. Con esta ferramenta ponse en funcionamento unha canle de busca de traballo na que os/as profesionais de Desenvolvemento local de Ribadeo funcionan como mediadores/as entre a oferta e a demanda detectadas no territorio.
  • Os demandantes de emprego que desexen formar parte desta bolsa deberán cubrir este formulario e entregalo na oficina de Desenvolvemento Local de Ribadeo, ou ben envialo ao correo electrónico adla r r o b aribadeo.org
  • As empresas que ofrezan postos de traballo deberán facer o mesmo pero cubrindo este formulario.

Ofertas de emprego privado

Neste momento non hai ofertas.

Programas de emprego

En cooperación coa Dirección Xeral de Traballo da Xunta de Galicia, o Concello de Ribadeo pon en marcha, anualmente, programas de emprego en diferentes actividades de utilidade social a través da oferta de postos de traballo temporais para a realización de obras e servizo no eido da actuación municipal. A condición para poder acceder a estes programas é ser desempregado/a e estar inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Talleres de emprego

Os talleres de emprego constitúen un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a cualificación profesional das persoas desempregadas maiores de 25 anos. Lévanse a cabo mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública e interese social.

Desde o ano 2006 a Asociación Puente de los Santos, integrada polos Concellos de Ribadeo e Castropol xunto con outras entidades asociativas deste territorio veñen promovendo e desenvolvendo os talleres de emprego 'Ría do Encontro' centrados na recuperación e rehabilitación de edificios públicos, locais sociais, contornos urbanos e a posta en valor de zonas verdes.
Restauración do muíño de Ove no taller 'Ría do Encontro'

Restauración do muíño de Ove no taller 'Ría do Encontro'

Trámites



© 2008 Concello de Ribadeo