Concello de Ribadeo


Compartir:

Servizos para o emprendemento


O Concello de Ribadeo, consciente da necesidade de desenvolver o espírito empresarial a nivel local, conta cun servizo de titoría personalizado para apoiar e asesorar a túa idea de negocio e para que este chegue a converterse nunha empresa viable, de calidade e con sentido de futuro.

O noso traballo neste senso realízase a través de:
  • Promoción da cultura emprendedora, con actividades deseñadas para poñer en valor o emprendemento e para xerar unha nova cultura empresarial.
  • Información e apoio a todas aquelas persoas que desexen instalar a súa empresa no concello.
  • Asesoramento para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais que supoñan a creación de emprego, a diversificación da actividade económica do territorio e unha maior oferta que satisfaga as novas demandas da poboación. Neste senso informamos sobre as formas xurídicas, os trámites de constitución de empresas, a lexislación vixente... ao tempo que prestamos asesoramento na tramitación de axudas e subvencións e na procura de financiamento.
  • Difusión das oportunidades e das potencias de negocio en Ribadeo, a través dunha serie de medidas entre as que destaca a edición de guías especializadas.

    Guías para o teu negocio

    O sector servizos ten un peso significativo dentro da nosa economía local, especialmente o comercio polo miúdo, que posúe unha importante potencialidade de crecemento.

    Identificando as novas oportunidades de negocio queremos achegarlle á poboación recursos para diversificar o comercio polo miúdo, de cara a paliar as súas posibles carencias e a promover o autoemprego na nosa localidade.

    Con esta finalidade, e logo de analizar as necesidades do comercio local, o Concello de Ribadeo editou 5 microguías dirixidas a detectar oportunidades de negocio concretas a partir da situación actual do comercio en Ribadeo e a facilitarlle ao emprendedor/a unha información específica para concretar aspectos fundamentais da empresa que quere crear. Podes descargalas aquí:
    Xunto con estas microguías editouse tamén unha Guía xeral de actividade que ofrece información básica para a posta en marcha dun negocio no eido do comercio polo miúdo (formas xurídicas, trámites, calidade no pequeno comercio e lexislación no eido comercial).

Trámites



© 2008 Concello de Ribadeo