Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas tecnoloxías


O Concello de Ribadeo aposta firmemente pola formación e capacitación da súa cidadanía en materia de difusión das TIC como condición necesaria para o desenvolvemento socioeconómico e cultural das súas xentes. Democratizar o coñecemento e o uso destas ferramentas, garantindo o acceso para toda a poboación, son os retos para superar a fenda dixital e aumentar a calidade de vida de todos/as os/as ribadenses.

A Rede de Telecentros de Ribadeo comezou a súa andaina no ano 2006 grazas á axuda do programa Leader. Con todo, a súa consolidación definitiva produciuse en 2007 trala integración de todos estes centros na Rede de Dinamización da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, unha iniciativa posta en marcha mellorar as oportunidades de acceso e coñecemento de todos/as os/as ribadenses ás novas tecnoloxías da comunicación.

Esta Rede está conformada por unha serie de espazos públicos de acceso gratuíto espallados por todo o concello e orientados ao desenvolvemento de procesos integrais de alfabetización dixital e de acceso ás novas tecnoloxías. Todos eles están dotados de equipamento informático, con acceso a internet, ordenadores, impresora...; e de axuda personalizada.

Estes espazos non só se conciben como puntos de capacitación tecnolóxica e informática, senón como espazos multiuso que teñen como finalidade o desenvolvemento socioeconómico e cultural de toda a cidadanía e como obxectivos concretos:
  • Fomentar a implantación da Sociedade da Información no territorio e achegar e capacitar aos diferentes colectivos no uso e obtención de información a través das TIC cara un desenvolvemento individual e socioeconómico da comunidade, tendo en conta as necesidades específicas de cada colectivo e os recursos e potencialidades presentes no territorio.
  • Dinamizar e fomentar do tecido asociativo
  • Fomentar o emprego e impulsar as novas actividades económicas
  • Promover o desenvolvemento da cultura local

O centro neurálxico de funcionamento da Rede de Telecentros está situado no número 15 da rúa Antonio Otero (Ribadeo). Podes acceder libremente ao uso do seu equipamento dentro do seguinte horario:
  • No verán: de luns a venres de 9:00 horas a 14:00 horas
  • No inverno: de luns a xoves de 09:30 horas a 13:30 horas pola mañá e de 16:00 horas ás 19:00 horas pola tarde. Os venres de 9:00 horas a 14:00 horas.

As/os dinamizadores/as
A Rede conta con persoas dinamizadoras que son un elemento clave desde o punto de vista técnico e didáctico, ao prestar unha atención diferenciada e personalizada a todas as persoas que pasan polos seus centros. Son estas as que se encargan de planificar todas as actividades, levar a cabo diferentes programas de formación, contactar cos diferentes colectivos do concello para garantir que as actividades chegan a toda a cidadanía…

Qué formación precisas?
Desde a Rede de Telecentros interésanos identificar as túas necesidades formativas no eido das TIC. Para orientarte e que coñezas a nosa oferta temos á túa disposición na documentación adxunta un catálogo dos cursos que se poden impartir nos nosos centros. Se desexas realizar unha preinscrición cumprimenta a ficha do/s curso/s que che interese/n e no momento no que se conforme un grupo porémonos en contacto contigo.

Onde están os telecentros?

Estes son todos os centros que integran a Rede de Telecentros de Ribadeo:

Aula CeMIT Ribadeo
http://aulacemit.ribadeo.org
Antonio Otero, 15
27700 Ribadeo
Teléfono: 982 120 732
Correo electrónico: telecentroa r r o b aribadeo.org

Telecentro Vilausende
Torre s/n
27712 Vilausende

Telecentro Cinxe
Escola de Cinxe (Local social)
27795 Cinxe

Telecentro Rinlo
Escola Vella de Rinlo
Rodríguez Murias, s/n
27715 Rinlo

Telecentro do Valado
San Lourenzo, s/n
27797 Vilaframil

Telecentro Ove
Igrexa de Ove, s/n
27713 Ove

Telecentro de Piñeira
Escola Pública de Piñeira
Barrio O Río s/n
27710 Piñeira

Telecentro de Vilaselán
Escola de Vilaselán
Barrio O Circo, s/n
27710 Vilaselan

Telecentro de Remourelle
Escola de Remourelle, s/n
27714 Remourelle

Telecentro de Covelas
Escola de Covelas s/n
27714 Covelas

Telecentro de Cedofeita
Escola de Cedofeita
Currada, s/n
27711 Cedofeita

Telecentro de Arante
Teleclube de Arante
27714 Arante

Telecentro de Piñeiro
Escola de Piñeiro
27711 Cedofeita

... e próximamente tamén:
Telecentro de Vilela
A Pena
27714 Vilela

Telecentro das Anzas
Local social das Anzas
27714 Covelas
Aula CeMIT Ribadeo

Aula CeMIT Ribadeo

Telecentro parroquial

Telecentro parroquial

FAQ's


© 2008 Concello de Ribadeo