Concello de Ribadeo


Compartir:

Cultura nas parroquias


Co programa Máis preto de ti o departamento de Cultura ribadense quere que a distancia non sexa un obstáculo que impida que a oferta cultural chegue ás aldeas. Periodicamente, e aproveitando a existencia dos locais sociais, as parroquias acollen actuacións de coros, rondallas, grupos de teatro, contacontos, cine...

É de salientar a recente creación do coro de Rinlo e do grupo de pandeiretas das Anzas, dúas agrupación nacidas baixo o amparo deste programa e grazas ao interese das asociacións de veciños e veciñas destes lugares.


© 2008 Concello de Ribadeo