Concello de Ribadeo


Compartir:

Artes plásticas


A antiga oficina de turismo e a sala da Oficina Municipal de Información ao Consumidor acollen mostras de fotografía, pintura e escultura ao longo do ano.

Con todo, o evento máis relevante que ten lugar en Ribadeo no eido das artes plásticas é Mariñarte, a feira que, durante un mes (arredor da Semana Santa), recolle as creacións dos mellores artistas da comarca coa finalidade de darllas a coñecer ao público. A ela, acoden tamén as/os alumnas/os de todos os centros de ensino de Ribadeo, aos que se lles ofrecen visitas guiadas por especialistas en Historia da Arte.

O espazo elixido para este evento é o forte San Damián, un lugar privilexiado sobre o mar na zona de paseo que chega á illa Pancha.
Mariñarte ten lugar cada ano no forte de San Damián

Mariñarte ten lugar cada ano no forte de San Damián



© 2008 Concello de Ribadeo