Concello de Ribadeo


Compartir:

Audiovisual


As produccións audiovisuais teñen dúas citas anuais de relevancia en Ribadeo, ámbas as dúas organizadas polo departamento de Cultura coa colaboración da produtora Mr. Misto Films:

Noites Curtas

No mes de febreiro desenvólvese este ciclo que ofrece catro sesións de curtametraxes seleccionadas ou premiadas nos mellores certames.

Festival creativo de curtas On&Off

Na primeira semana de agosto Ribadeo convértese nun escenario xigante de gravación e exhibición ao que acoden xents do cine e espectadores que colaboran como extras, técnicos. O Festival Creativo de Curtas On&Off é unha aposta polos novos valores do audiovisual e un evento no que se combinan a produción e gravación de curtametraxes e mini-curtametraxes polas rúas da vila con diversas propostas formativas e culturais. Podes atopar máis información na web oficial do festival.
Cartel da última edición de On&Off

Cartel da última edición de On&Off



© 2008 Concello de Ribadeo