Concello de Ribadeo


Compartir:

Artes escénicas


As iniciativas que o departamento de Cultura do Concello de Ribadeo emprende para a difusión do teatro, a danza, os títeres... atenden por igual á exhibición de espectáculos tanto profesionais como afeccionados.

Así, e en colaboración co Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), ofrece durante o ano, e con periodicidade mensual, funcións de compañías profesionais que teñen lugar sempre en domingo (ás 20:30 horas). Pero, ao mesmo tempo, e sen esquecer o compromiso adquirido co teatro afeccionado, inclúe na súa programación montaxes de calidade de grupos de teatro universitario que foron recoñecidos en diversos certames. Neste sentido, hai que destacar no mes de setembro a celebración da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón.

A maiores, e para posibilitar a formación teatral de todas as persoas interesadas nesta disciplina, no ano 2006 naceu a Aula de Teatro Municipal, que funciona durante o curso escolar.
Teatro de rúa en Ribadeo

Teatro de rúa en Ribadeo



© 2008 Concello de Ribadeo