Favorecer a utilización racional e sostible do espazo que habitamos, protexer o medio natural, mellorar a nosa calidade de vida e contribuír ao equilibrio territorial. Os obxectivos marcados polo goberno ribadense en materia de urbanismo e ordenación do territorio requiren dunha serie de normas e recursos sen os cales non sería posible materializar estes fins.
Á declaración da zona antiga da vila de Ribadeo como Área de Rehabilitación Integral, un recoñecemento que permitiu xa o desenvolvemento de importantes rehabilitacións de inmobles, o goberno local agarda sumarlle moi pronto a aprobación dunha norma básica para a ordenación integral do seu territorio, o Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Neste espazo podes coñecer polo miúdo todo o que precisas saber acerca do estado actual destas dúas figuras e do deseño das políticas urbanísticas do Concello de Ribadeo.