O porto deportivo de Ribadeo está situado en Porcillán, no punto de orixe da vila, e conta na actualidade con 800 socios/as e máis de 400 embarcacións. É un dos catro portos deportivos con Bandeira Azul que existen en Galiza e o único da provincia de Lugo.
Xestionado polo Club Náutico Ribadeo, cuxa fundación se remonta a 1974, o porto foi incrementando notablemente os seus servizos e instalacións a partir dos anos noventa, un crecemento que trouxo consigo unha afección cada vez maior entre os/as ribadenses pola navegación, vela, pesca deportiva...| Horarios | Oficina | Mariñeiría |
|---|---|---|
| Inverno | 10:00-13:00 16:00- 19:00 | 10:00-14:00 16:00- 19:00 |
| Verán | 10:00-14:00 16:30- 20:30 | 9:00-22:00 |
O porto náutico dispón de máis de 500 puntos de amarre (foto: Miguel Lorenzo)
clubnauticoribadeo.com

Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo

Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico

Promovemos a economía local e o emprego

Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello

Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións

Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo