Concello de Ribadeo


Compartir:

Como chegar


\'como

Por estrada

As principais vías de comunicación de Ribadeo son a estrada N-634 (San Sebastián- Santiago de Compostela), que discorre paralela á costa e permite a comunicación entre o País Vasco, Cantabria, Asturias e o norte de Galicia, e a N-642 no seu tramo Ribadeo-A Veiga, que permite a conexión coa capital de provincia a través da N-640. Outro tramo da N-642 discorre entre Barreiros e San Cibrao favorecendo a comunicación co resto dos municipios galegos do litoral cantábrico.

En canto ás estradas de ámbito provincial a LU-141, a LU-132 e a LU-133 complementan as comunicacións entre os diferentes municipios e núcleos de poboación da zona.

En maio de 2007 entraron en servizo o primeiro tramo galego da Transcantábrica, entre Ribadeo e Reinante (Barreiros), e maila vía de circunvalación ou variante Oeste. Esta última, que conecta coa autovía, foi construída co obxecto de desviar do núcleo urbano o tráfico que se dirixe ao porto comercial de Mirasol ou que vai cara a estrada da Veiga (N-642).

A distancia por estrada entre a vila ribadense e as principais cidades é de 86 quilómetros a Lugo, 156 á Coruña, 192 a Santiago de Compostela, 126 a Ferrol, 199 a Ourense, 252 a Pontevedra e 277 a Vigo.

Grazas á construción da Ponte dos Santos, en 1987, a distancia que separa Ribadeo dos seus concellos veciños en Asturias é tamén mínima: 5 quilómetros a Figueras, 15 a Castropol, 11 a Vegadeo e 10 a Tapia de Casariego.

Por tren

Polo litoral do concello pasa a liña Ferrol-Xixón de Ferrocarriles de Vía Estreita (FEVE), con apeadoiros en Esteiro (A Devesa), Os Castros, Rinlo e Ribadeo.

Por aire

O aeródromo situado en Vilaframil favorece a conexión por vía aérea con todos aqueles lugares que dispoñen de aeroportos e aeródromos.

O aeroporto máis próximo é o de Asturias ou de Ranón (Avilés) a 133 quilómetros. A unha distancia similar atópase o de Alvedro, situado na Coruña.

Directorio de comunicacións

Estación de Autobuses
Avenida Rosalía de Castro s/n
27700 Ribadeo
Teléfono: 982 128 042
Operan as liñas ALSA, IASA e INTERCAR

Empresa ALSA
Teléfono: 902 422 242
www.alsa.es

Empresa ARRIVA
Teléfono: 902 277 428
www.arriva.es

Estación de Ferro FEVE
Liña Ferrol-Xixón
Os Garitos
27700 Ribadeo
Teléfono: 982 130 739

Aeródromo de Vilaframil
N-634 (quilómetro 557,5)
Vilaframil
Teléfono 982 128 205

Aparcadoiro municipal
Rúa Daniel Cortezón
27700 Ribadeo

Servizo de Taxis de Ribadeo
Praza de España
27700 Ribadeo
Teléfono: 982 128 111
Ribadeo conta cunha parada de taxis situada na Rinconada de San Francisco, ao carón da igrexa de Santa Mariña do Campo.



© 2008 Concello de Ribadeo