Concello de Ribadeo


Compartir:

FAQ


Neste espazo atoparás resposta ás preguntas máis frecuentes que formula a cidadanía. Para facer máis doada a túa consulta organizámos estas preguntas en diferentes temáticas e adxuntamos a documentación, impresos, solititudes... que podes precisar para realizar determinados trámites.

Administración e trámites xerais

Cal é o horario de atención o público do Concello?
De luns a venres de 9:00 a 14: 00 horas.

Que debo facer que quero solicitar algo no Concello?
Hai un modelo de instancia xeral que podes cubrir en entregar nas oficinas de Secretaría. Descárgao aquí.

Como veciño/a de Ribadeo, podería ter acceso ao arquivo municipal?
Si, só terías que solicitalo por escrito nas oficinas da secretaría do Concello.

Qué debo facer para empadroarme en Ribadeo?
Para iso sería necesario que cubras a estancia correspondente e a entregues xunto con unha copia do DNI (ou no seu caso tarxeta de estranxeiro/a ou, pasaporte, libro de familia para menores de 15 anos) e un documento que acredite a ocupación da vivenda. Isto será necesario só no caso de que non se trate dunha incorporación de novos habitantes a un grupo familiar xa empadroado, para o que valería con presentar unha autorización de algún familiar.

E para darme de baixa?
Neste caso non sería necesario ningún trámite, faise de oficio.

Como podo facer un cambio de domicilio?
Se necesitas facer unha rectificación ou actualización deste tipo de datos tes que entregar un documento acreditativo do dato correcto.

Como podo conseguir un certificado de empadroamento? E un de signos externos?
Debes solicitar nas oficinas de secretaría o devandito certificado, que ten un custo de 3,60 euros, agás no caso de que sexas pensionista, desempregado/a ou membros dunha familia numerosa.

Posúo unha arma, debería constar isto en algún rexistro municipal?
Si, pois segundo o Real Decreto 137/1993 do 29 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Armas, as tarxetas de armas son concedidas e/ou retiradas polos alcaldes dos municipios nos que se atopan aveciñados ou residindo os solicitantes, previa consideración da conducta e antecedentes dos mesmos.

Acabo de crear unha asociación, debo comunicarllo ao Concello?
Si, o Concello ten un Rexistro Municipal de Asociacións. Para inscribir nel a túa asociación só tes que entregar, xunto con unha solicitude, unha copia selada dos estatutos e da acta fundacional.

Podo obter unha certificación catastral no Concello?
Si, só tes que cubrir unha solicitude acompañada dun plano onde figure o terreo a certificar e pagar as taxas correspondentes.

Podería renovar o meu DNI en Ribadeo?
Si. Todos os meses do ano, agás xullo e agosto, desprázanse a Ribadeo axentes da Policía Nacional de Lugo para realizar este trámite. Veñen dous días no mes e a tramitación faise na Oficina de Turismo, en horario de 10:00 a 12:30 horas, logo de pedir cita previa nas oficinas municipais. No mes seguinte da renovación poderás recoller o DNI na Oficina da Policía Municipal co resgardo acreditativo. Lembra que este trámite só é valido para o DNI, non se renova aquí o pasaporte nin se expide a tarxeta de residencia.

Onde e como debo pagar os recibos orixinados pola miña vivenda (IBI, recollida de lixo , auga e imposto de circulación)..?
Tanto o IBI como o IVTM poden ser domiciliados ou aboados directamente na oficina de Caixa Galicia. Os recibos de auga e de recollida de lixo pódense pagar na oficina de Aquagest, na Avenida de Galicia 21-23.

A onde me teño que dirixir se quero darme de alta ou de baixa no servizo de auga e de recollida de lixo?
En calquera dos dous casos debes acudir á oficina de Aquaguest.

Onde podo consultar as actas dos plenos e das xuntas de goberno local do Concello?
Ademais de facelo no taboleiro de anuncios do propio concello xa é posible acceder, a través desta web, ás actas correspondentes ás sesións plenarias e ás xuntas de goberno local. Con esta medida, o Concello de Ribadeo pretende garantir o acceso, libre e transparente, dos seus cidadáns á información de carácter municipal.

Cómo podo saber cal é o meu código postal?
Os códigos postais operativos no Concello de Ribadeo son os seguintes: 27.700 para o casco urbano, 27.714 para Arante e Covelas, 27.711 para Cedofeita e Couxela, 27.796 para A Devesa, 27.713 para Obe, 27.710 para Piñeira e Vilaseán, 27.715 para Rinlo, 27.797 para Vilaframil e 27.712 para Vilaosende.

Por medio do Concello, a que tipo de organismos lle podo mandar documentación?
No Concello de Ribadeo temos implantado o Portelo Único, un instrumento de interrelación coa Xunta de Galicia e coa Administración do Estado que nos permite:

Subir

Animais

Teño un can perigoso, debo inscribilo nalgún rexistro municipal?
Si, hai un rexistro municipal no que debes entregar unha solicitude acompañada dunha serie de documentación. O rexistro municipal inclúe animais potencialmente perigosos e, entre outras razas, sinala como perigosas as seguintes: American Stafforshire Terrie, Pit Bull Terrier, Bullmastif, Dobermann, Dogo Arxentino, Dogo de Burdeos, Dogo de Tibet, Fila Brasileiro, Mastin Napolitano, Presa Canario, Presa Mallorquín (Ca de Bou), Rottweiler, Staffordshire Bull Terrier, Tosa Inu e Akita Inu, así como os cruces destas razas ou os destas con cans que manifesten unha marcada agresividade, xa sexa natural ou inducida mediante adestramento.

Subir

Comercio

Rexento un establecemento hostaleiro, como se regula a emisión de ruídos en Ribadeo?
A normativa vixente en cuestión de ruídos é o Decreto 320/2002, de 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que establece as ordenanzas tipo sobre protección contra a contaminación acústica.

Quero abrir un negocio en Ribadeo, a onde me teño que dirixir?
Para obter a licenza de apertura correspondente hai que tramitar a licenza de Obras e a de apertura na Secretaría do Concello.

Onde podo informarme das subvencións que podería solicitar?
Na Oficina de Desenvolvemento Local, que está situada no Concello, ou escribindo un correo a adla r r o b aribadeo.org asesorarante na materia.

Quixera poñer un posto na praza de abastos, que teño que facer? E no mercado semanal?
Debes solicitalo por escrito nas oficinas da secretaría. Deste xeito pasarás a unha lista de espera e, segundo vaian quedando postos vacante so Concello irá concedendo espazos aos solicitantes. Co mercado semanal, que ten lugar os mércores, acontece exactamente o mesmo.

Subir

Defuncións

Quixera mercar un nicho/sepultura no cemiterio de Ribadeo, a onde teño que dirixirme?
Debes solicitalo por escrito nas oficinas da Secretaría, no Negociado 3. Unha vez cursada a solicitude, pasarás a formar parte dunha lista. Cando se realice o sorteo das sepulturas, a orde desa lista será a que se aplicará para a súa adxudicación. Tamén poderías desistir do trámite en calquera momento.

Subir

Equipamentos culturais

Preciso unha sala grande para facer unha reunión, hai algunha no Concello que se poida empregar? Ten algún custe?
O Concello conta co Auditorio Municipal para estes casos, pois hai nel salas de espazo reducido. Tes que solicitalo por escrito e ten un custe reflectido na ordenanza correspondente.

Como e cando podo matricularme na EMMeD de Ribadeo?
O prazo está aberto desde o 1 ao 31 de xullo de luns a xoves. Só tes que acudir ás dependencias da EMMeD de Ribadeo no Auditorio Municipal co teu número de conta bancaria e cubrir o impreso de matrícula.

A qué idade podo comezar a estudar na EMMeD?
Na especialidade de Iniciación á Música os/as alumnos/as poden matricularse entre os 4 e os 8 anos. A partir desa idade poderán facelo en Linguaxe Musical e na especialidade do instrumento que elixan. Para pre-danza a idade necesaria é de 4 a 6 anos e, a partir de entón, xa se pode escoller entre danza ou ballet clásico.

Qué outras actividades me oferta a EMMeD?
O alumnado que estude na EMMeD de Ribadeo ten a posibilidade de participar en campamentos musicais, concertos, intercambios, xornadas culturais, cursiños, talleres...

Podo levar libros en préstamo da Biblioteca Municipal 'El Viejo Pancho'?
Si, é posible levar para o domicilio aqueles libros que sexan de préstamo, así como vídeos, CD's, CD-ROM, revistas... tanto para facer isto como para empregar o servizo de internet na biblioteca é necesario ter o carné de lector.

E como podo conseguir o carné?
Para obtelo só precisas cubrir unha ficha de solicitude que podes conseguir na propia biblioteca ou, se o prefires, descargala aquí. Xunto con esta, terás que entregar dúas fotografías recentes (tamaño carné), presentar o DNI (adultos), unha autorización do pai ou nai no caso dos/as menores de 16 anos e pagar unha cota anual de 3,60 euros.

Subir

Equipamentos deportivos

Como podo empregar as instalacións deportivas municipais?
Debes solicitalo por escrito na Oficina Municipal de Información Xuvenil, no Auditorio Municipal, ou nas oficinas municipais do Concello. Toda a información relativa ao custo e condicións do uso destas instalacións podes consultalo na ordenanza correspondente.

Subir

Equipamentos tecnolóxicos

Como podo facer uso da Rede de Telecentros de Ribadeo?
Precisas en primeiro lugar darte de alta como usuario/a desta Rede. Para iso é necesario que cumprimentes a folla de rexistro que podes atopar nos telecentros ribadenses ou descargar aquí. De seguido debes entregala persoalmente en calquera destes centros e facilitarémosche o carné de usuario.

E qué debo facer se son menor de idade?
Neste caso podes acceder igualmente aos telecentros da Rede pero ademais de cumprimentar a folla de rexistro precisas entregar unha autorización para a cesión de datos dun/ha menor. Esta folla, que podes descargar aquí, terá que ser cumprimentada por un dos teus proxenitores ou titores.

Qué teño á miña disposición nestes telecentros?
Ademais de poder acceder, dentro dos horarios establecidos, ao uso libre do seu equipamento, nestes centros lévanse a cabo cursos de formación e iniciación á informática e obradoiros de diferentes temáticas no eido das TIC (páxinas web, creación de bitácoras, manexo da rede...).

Subir

Medio Ambiente

Teño un terreo e preciso queimar uns rastrollos, como debo facer para obter un permiso?
Os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas ou forestais en terreos agrícolas, terreos forestais e zonas de influencia forestal nos períodos habilitados poden cumprir coa esixencia de comunicación previa chamando ao teléfono 012, ou ben accedendo ao trámite de comunicación de queimas por internet.

No resto de terreos deberán poñerse en contacto coa Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo a través do teléfono 982 120 701 ou do correo electrónico sostibilidade@ribadeo.org.

Hai algún servizo que recolla refugallo no municipio?
Si, hai un servizo mensual de recollida a particulares, tanto de obxectos de madeira como de metálicos. O refugallo metálico recóllese o primeiro martes de cada mes e o de madeira o último martes do mes.

Para solicitar este servizo, que ten un custo de 3,20 euros, debes dirixirte ás oficinas da secretaría antes das 14:00 horas do venres anterior ao día da recollida.

O refugallo debe depositarse antes das 9 da mañá do día que corresponde e debe colocarse de forma que non produza atrancos na rúa ou a beirarrúa.

Onde podo depositar o aceite usado e as pilas usadas?
Estes residuos, así como vidro, plásticos, metais, esprais, baterías, e outros moitos que podes consultar aquí podes depositalos no punto limpo que o Concello de Ribadeo ten no lugar do Valín (Ove). Para máis información sobre o seu funcionamento podes chamar ao 647 869 176.

Máis información sobre residuos.

Subir

Tráfico

Qué debo facer para dar de alta un coche?
No caso de que se trate de un coche novo debo achegarme ao concello xunto coa ficha do vehículo, cubrir a alta do mesmo e pagar o IVTM, para despois continuar o proceso na Xefatura de Tráfico de Lugo.

Se preciso facer un cambio de domicilio ou dar de alta dun coche usado, a onde debo dirixirme?
Neste caso debes acudir á xefatura de Tráfico de Lugo.

Se vivo ou rexento un local nunha rúa peonil ou semipeonil, como podo facer para ter co automóbil ao meu garaxe ou tenda?
Para acceder con vehículos a rúas peonís é preciso dispor dunha tarxeta e, para obtela, debe presentarse unha solicitude por escrito presentando, ademais de un xustificante de que a persoa solicitante vive ou rexenta un negocio nesa rúa, o permiso de circulación do vehículo e o DNI do/a solicitante.

Se me poñen unha multa de tráfico, onde a debo pagar?
As multas de tráfico páganse ben nas oficinas de Caixa Nova, ben por xiro postal. Hai que indicar no pago o número de expediente, nome e enderezo e dirixilo ao Concello de Ribadeo.

E se non estou de acordo coa multa?
En caso de desacordo coa denuncia, o denunciado poderá formular unha alegación, ao abeiro do art. 79.1 da Lei 339/1990. Este escrito de alegacións deberá presentarse perante a Alcaldía no prazo de 15 hábiles desde a recepción da notificación da denuncia, que deberá presentarse ou remitirse ao Rexistro Xeral do Concello de Ribadeo.

No suposto de non presentar alegacións dentro do prazo establecido , o contido da notificación transformase en proposta de sanción, ao abeiro do establecido no art.13.2 do Real Decreto 1398/1993 de 4 de agosto, que regula o procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Subir

Turismo

A qué hora podo visitar a praia das Catedrais?
Para visitar a praia e poder pasear polo seu areal debe estar a marea baixa. Podes cosultar aquí esta información.

Subir

Urbanismo, obras e infraestruturas municipais

Podo obter unha certificación catastral no Concello?
Si, só tes que cubrir unha solicitude acompañada dun plano onde figure o terreo a certificar e pagar as taxas correspondentes.

Hai algunha axuda para rehabilitar vivendas no casco histórico? a onde teño que dirixirme?
Debes acudir á Oficina da Área de Rehabilitación do Casco Histórico, que é a que se encarga de tramitar as axudas que existen para esta zona. Atoparala na primeira planta da Casa do Concello.

Como podo obter a información para saber que cualificación urbanística ten un terreo?
Podes solicitala nas oficinas da secretaría do Concello, acompañada dun plano a escala da súa situación, con distancias a posibles camiños, pistas, estradas... Tamén podería servir unha fotografía. A expedición da certificación urbanística ten un custe de 3,50 euros.

A onde me dirixo para conseguir unha licenza de obra?
Podes obtela acudindo ao Negociado 02 da Secretaría do Concello. Alí deberás cubrir a instancia correspondente e achegar a documentación necesaria que che sexa requirida.

Se quero saber se unha obra ten licenza, a onde debo dirixirme?
No departamento de Obras poden proporcionarche esa información, unha vez solicitada por escrito. Se ademais precisas unha copia do proxecto, deberás abonar as taxas correspondentes ás fotocopias.

Hai algunha axuda para rehabilitar vivendas no casco histórico? a onde teño que dirixirme?
Debes acudir á Oficina da Área de Rehabilitación do Casco Histórico, que é a que se encarga de tramitar as axudas que existen para esta zona. Atoparala na primeira planta da Casa do Concello.

Se preciso unha luz pública ou un colector de lixo, como podo poñelo en coñecemento do Concello?
Mediante unha solicitude, debidamente asinada, e dirixida ao alcalde. Nela farás constar o teu nome, dirección, teléfono e o lugar para o que solicitas a luz ou o colector. Nas oficinas do Concello existe un modelo de solicitude para estes casos.

Preciso ocupar a vía pública para unha mudanza, debo solicitar un permiso?
Si, tes que facelo cunha antelación de dous días, pagar as taxas correspondentes e, posteriormente, notificaráseche a autorización.

E no caso de que precise ocupar a vía pública con algún outro elemento (terrazas, andamios...)?
O procedemento é o mesmo que no caso anterior.

Subir

Vodas e parellas de feito

Qué teño que facer se me quero casar no Concello?
O procedemento debe iniciarse no Xulgado de Paz e, logo disto, proseguir a tramitación no Concello.

Onde podo facelo?
Os lugares dispoñibles son a Casa Consistorial e o Forte de San Damián.

E se queremos inscribirnos como parella de feito?
Neste caso debedes inscribirvos no Concello, cubrindo unha declaración xurada, e logo no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Subir

Interrogante



© 2008 Concello de Ribadeo