RIBADEO SUMA EMPRESAS & EMPRENDEMENTO
Achegamos a formación e o coñecemento a aquelas persoas que o precisen, para que se poidan desenvolver dun xeito práctico coas tecnoloxías e acadar un nivel de formación que lles permita mellorar a súa empregabilidade.
Ribadeo Suma Empresas & Emprendemento quere coñecemento ás persoas co fin de mellorar as competencias das empresas e persoas emprendedoras , a través de formacións dinámicas e enminentemente prácticas e onde se abordarán temáticas para pór a súas ideas en acción, promover a reflexión para o cambio e outras que lles axudarán a consolidar o seus negocios.
Todas as formacións teñen unha parte presencial e cada unha delas irá acompañada de
mentorías que asesorarán de forma personalizadas e individualizada ás persoas participante e que se realizarán unha vez remate cada formación presencial. A idea e rematar o programa antes da tempada de verán.
As capacitacións terán lugar en maio, o Luns 2 e 9 de maio de 11h a 13h terá lugar a primeira a denominada
DALLE UNHA VOLTA AO TEU NEGOCIO, e está dirixida a empresas, profesionais que desexen explorar outras vías de negocio ,darlle outro enfoque ou simplemente diversificar. Neste obradoiro práctico se coñecerán iniciativas xa en funcionamento e as persoas participantes comezarán a crear as súas propias propostas de produtos ou servizos innovadores que lle axuden a medrar coa súa empresa. A formación será Casa do Viejo Pancho.
Os días 3 e 10 de maio, de 10.30h a 13.30h tamén na Casa do Viejo Pancho, desenvolverase a formación
PON O TEU NEGOCIO EN PÉ, dirixida a aquelas persoas que desexen coñecer novas ideas de negocio ou aquelas que xa teñen unha idea e desexan explorar as posibilidades reais que teñen de materializarse. Nesta formación, de carácter eminentemente práctico, cada participante fará a súa folla de ruta personalizada para dar os primeiros pasos na creación da túa empresa.
E a última formación deste paquete chegará os días 23 e 30 de maio de 16:00h a 19:00h na
Aula do ceMIT coa acción
HABILIDADES BÁSICAS PARA A XESTIÓN ADMINISTRATIVA E FINANCEIRA na que se abordarán coñecementos chave para ter o control do negocio en aspectos como impostos, gastos, cobros... Tamén se aprenderá a manexar ferramentas tecnolóxicas que axuden na xestión do día a día da empresa.
Ámbalas tres accións inclúen
mentorías personalizadas e adaptadas ás necesidades individuais das persoas participantes nas diferentes áreas abordadas e pretenden facilitar e mellorar as competencias e habilidades das persoas participantes.
Para inscribirse poden chamar ao concello ao
982128650 ou enviar un correo electrónico a
adl(arroba)ribadeo.org
As formacións teñen un mínimo de 10 persoas para levar a cabo a súa organización é un máximo de 15.