Concello de Ribadeo


Compartir:

Reinicia Ribadeo II


Segundo programa de acompañamento e apoio para a transformación dixital das empresas locais aberto a tódolos sectores

Ante a necesidade xeral de mellorar a dixitalización dos pequenos negocios locais para adaptarse ás novas canles de venda e comunicación e o grande interese da primeira edición, o Concello de Ribadeo presenta o segundo programa de acompañamento e apoio para a transformación dixital das empresas locais, REINICIA RIBADEO II.
O proxecto divídese en 2 liñas: cursos prácticos de formación, onde cada unha das persoas participantes traballará e desenvolverá o seu propio proxecto e asesoramento individualizado, que deberá de ser solicitado polos participantes interesados.
Trátase dun programa totalmente personalizado, que se levará a cabo durante o mes de novembro e parte de decembro e que servirá ademáis para que as empresas locais poidan dar un impulso á campaña de Nadal.
Os temas que se tratarán serán os seguintes:
o Imaxe corporativa
o Redes sociais
o Comercio electrónico
o Fidelización de clientes

Os grupos estarán divididos de acorde ao nivel de coñecementos das persoas participantes (básico, iniciado) e, sempre que sexa posible por sectores de ocupación (hostalaría, comercio, servizos).

Máis info:
Teléfono: 982 128 650
Email: silviaadl@ribadeo.org
reinicia_cartaz

Documentación




© 2008 Concello de Ribadeo